Thursday 09 de May de 2024

A Xunta apoia mediante o Programa Galicia Emprende 2 iniciativas empresariais que mobilizarán 214.000€ na comarca do Barbanza


A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por máis de 64.000 euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento
A Xunta concedeu ao abeiro da última edición do Galicia Emprende, da que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da segunda convocatoria, axudas por máis de 64.000 euros para apoiar 2 proxectos empresariais de emprendedores e autónomos na comarca do Barbanza, concretamente en Boiro e Ribeira, que prevén desenvolver investimentos de máis de 214.000 euros.
Esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos